Lugo 1906 – Madrid 1965

É unha das máis destacadas pintoras españolas do segundo terzo do século XX. A súa pintura figurativa adecuabase ao gusto estético da posguerra. Traballou coa paisaxe, os retratos, escenas cotiás, alegóricas e algún tema relixioso.

Xulia Minguillón tivo unha exitosa carreira profesional. Un dos seus cadros, Escuela de Doloriñas, obtivo a Medalla de Ouro da Exposición Nacional de Belas Artes no ano 1941. Gañou o Gran Premio de Belas Artes (1948) e un ano despois foi elixida Membro da Real Academia Galega.

A súa obra expuxose en Berlin, na Bienal de Venecia do ano 1942 e tamen en Lisboa e Bos Aires.