Rianxo, 1886 ;Bos Aires, 1950

Con dez anos emigrou coa nai á Pampa arxentina. Retornou en 1900 e estudou en Compostela o bacharelato e Medicina, licenciándose en 1909. A estancia dun ano en Madrid, co pretexto do curso de doutoramento, serviulle para entrar en contacto cos escritores galegos residentes na capital e con outros caricaturistas. De 1916 a 1926 viviu na cidade de Pontevedra como funcionario de Corpo de Estatistica.

A súa evolución política parte de conservadorismo maurista de etapa rianxeira, pasa polo agrarismo populista de Basilio Álvarez e desemboca no nacionalismo galego das Irmandandes da Fala desde 1917, o republicanismo de esquerdas do Partido Galeguista na Fronte Popular, Guerra Civil e exilio. Desde a II República relevou a Vicente Risco no liderato do galeguismo e condensou o seu pensamento político no célebre ensaio Sempre en Galiza (1944)

Como artista, Castelao obtivo os primeiros éxitos no debuxo humorístico e na caricatura, pero tamén cultivou a pintura ao óleo e o gravado. Foi tamén ilustrador e escenógrafo. A súa temática irá evolucionando en consonancia coa súa evolución política. Así, o álbum Nós (1920) corresponde á primeira etapa galeguista e durante a Guerra dá a coñecer os tres de carácter antifascista: Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos.

Relevou a Vicente Risco no liderato do Galeguismo.