A Coruña, en 1908
Vigo, diciembre de 1973
É fillo do escritor e político galeguista Manuel Lugrís Freire, importante dramaturgo de principios do século XX e da pianista Purificación González, irmá do pintor Urbano González. É pai do tamén pintor Urbano Lugrís Vadillo.
Mantivo unha intensa vida cultural no Madrid republicano. Alí coñeceu a figuras relevantes da época como Federico García Lorca, Rafael Alberti ou Álvaro Cunqueiro, e fixo decorados e monicreques para o teatro. Participou nunhas Misiones Pedagógicas, que dirixía Dieste.
Durante a II República era frecuente velo participar en faladoiros xunto a outros intelectuais da Coruña. Despois da Guerra Civil, que supuxo a morte e o exilio de moitos dos seus compañeiros, viviu alternativamente na Coruña e Vigo, onde é recordado como un personaxe entrañable e inesquecible, sobre todo nas rúas dos viños.
Aínda que tamén residiu noutras ciudades, A Coruña está moi presente na súa obra pictórica, centrada no mundo do mar, cos seus mitos e lendas desde unha perspectiva surrealista.
Ademáis do seu labor pictórico, baseado fundamentalmente en cadros, murais e ilustracións de revistas e libros, colaborou en distintas publicacións e escribiu poesía.