Coruña, 23 de xullo de 1886

Locarno, 14 de decembro de 1978

Naceu na cidade galega da Coruña.

Polígrafo, profesor, diplomático e político de importancia internacional.

Estudou en París e, malia súa vocación literaria, cando regresou a España exerceu como enxeñeiro. Colaborou na prensa e participou nos medios intelectuais da época. En 1916 trasladouse a Londres e traballou como redactor e editorialista en The Times ata 1921. Ocupou a cátedra de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Oxford ata 1931.

Na Guerra civil española viviu en Francia e Inglaterra, dende onde expresou a súa postura contraria a toda clase de totalitarismos (franquismo, fascismo ou comunismo). Loitou por unha Europa libre e democrática a través de escritos e intervencións públicas. Falou nos micrófonos da BBC británica. Xa morto Franco, regresou a España onde foi moi recoñecido o seu labor. En A Coruña se lle dedicou unha rúa.

Legou á institución José Cornide de Estudios Coruñeses a súa biblioteca e o seu arquivo de inestimable valor, amosando así o amor polas súas raíces.

Foi un escritor multifacético, preocupado pola historia, a política, a literatura e o arte.