A Coruña, 1874 -  Mar del Plata, 1959

Andrés Gaos foi un compositor e violinista galego con unha grande traxectoria a nivel internacional. Nado en A Coruña en 1874, Gaos non tardou en destacar grazas ás suas magníficas dotes musicais e, á idade de 11 anos, obtivo unha beca da Diputacion para ingresar no Conservatorio de Madrid. Pouco despois de rematar os seus estudos na capital, deu o seu primeiro concerto fora de España, en Oporto, e continuou formándose en París e tamén en Bruselas. Durante esta época comenzou a realizar as suas primeiras composicións.

Con 20 años, emprendeu unha xira por America Latina e máis tarde asentouse en Bos Aires, cidade onde permanecería a meirande parte da sua vida e onde compuxo gran parte das suas obras. Entre elas destacan Aires Gallegos, Rosa de Abril (sobre o poema homónimo de Rosalia) e a sua opera Amor Vedado. Continuou coas suas xiras por America e por Europa e chegou a dirixir en varias ocasións orquestas sinfónicas como a de Paris, Roma ou Berlin.

Andres Gaos seguiu a traballar e compoñendo ata 1948, ano no que se xubilou. Pouco tempo despois, sufriu unha neuralxia e, na procura de tanquilidade para os seus últimos anos de vida, trasladouse a Mar del Plata, onde faleceu en 1959.