Naceu na Coruña o 13 de marzo do 1869 e faleceu en Madrid o 14 de novembro do 1968. No 1895 o seu estudo do Mio Cid foi premiado pola RAE e no ano 1899 accedeu á cátedra de Filosofía, no 1902 ingresou na RAE e en 1925 foi elixido presidente.
Tivo diversas profesións, pois, foi filólogo, historiador, folclorista e medievalista español. Tamén recibiu o título de “Doutor Honoris Causa “ por unha ducia de Universidades.
Para comprender a importancia da súa obra dentro de pensamento español é necesario ter consideración da penuria científica da que partiu o seu traballo. Con el naceu a filoloxía hispánica moderna. Quixo traballar cun grupo de filólogos investigadores, aos que dirixiu, cousa que non era habitual na época.
Paricipou na fundación da “Xunta para a Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas" e no Centro de Estudos Históricos onde se rodeu de grandes estudosos das letras.
As obras destacadas son “La leyenda de los siete infantes de Lara” (1896) e as súa monumental e case insuperable edición de “O cantar do Mio Cid” (1908-11).