A Coruña, 1805-1872
Juana de Vega distinguese pola sua filantropía e calidade humana. Estivo casada co xeneral progresista Espoz y Mina
Os seus salons foron o punto de reunión da sociedade liberal coruñesa. Desempeñou o cargo de aia de Isabel II cando esta era menor de idade.
Fundou na Coruña, xunto con Concepcion Arenal, un padroado de señoras para visita e ensinanza dos presos. Pensaba que estes tamen tiñan dereito ao ensino. Foi, ademais, unha das principais organizadoras dos primeiros Xogos Florais de Galiza que tiveron lugar na cidade da Coruña e que constituen un punto de partida do Rexurdimento.
Publicou as memorias do seu marido, escritas por el, e deixou unha obra sen publicar Historia interior del palacio que escribiu cando estivo ao servizo da raiña.