Mondoñedo, 1842- Madrid, 1906
É un dos músicos máis representativos de Galicia no século XIX.
Compuxo a súa primeira obra na época de inicio dos seus estudos como neno de coro na catedral de Mondoñedo. Estudou órgano e afincouse en Coruña como organista. Con este instrumento manifestou con improvisacións o seu talento e inspiración.
Compuxo obras relixiosas (panxoliñas, unha “Misa de requiem”)
A partir de 1876 desenvolve a súa actividade musical máis famosa: é fundador e impulsor dos orfeóns de Galicia. Puxo música as obras do seu amigo Francisco Mª de la Iglesia, relacionado co nacemento das sociedades corais.
Fundou o Orfeón El Eco que aínda hoxe pervive.
Co Orfeón Pacheco estreou nun certame musical en Pontevedra, con motivo dos Juegos Florales a famosa “Alborada de Veiga” sobre poesía de Francisco Mª de la Iglesia, que compuxera anteriormente. Foi un éxito rotundo.
Durante a Exposición Universal de París gaña co Orfeón Coruñés Nº 4 a medalla de ouro.
Froito da súa correspondencia con Eduardo Pondal compuxo a música de Os pinos, do insigne poeta. Esta obra, que será o futuro himno galego, estrearase no gran Teatro de La Habana en 1907 tras a morte de Pascual Veiga que foi enterrado no cemiterio de Mondoñedo.