(A Coruña, 1873- Madrid, 1927)
Alfredo Tella foi un periodista coruñés moi destacado do século pasado. Caracterizábase polo seu humor satírico que saía a luz nas tertulias do café La Peña e nos seus artículos sobre os feitos diarios da cidade.
Era sarcástico e ó mesmo tempo tolerante. Escribía con axilidade e desenfado, sen crueldade. A vida da Coruña aparecía na prensa cun estilo cuidado que engaiolaba aos cidadáns.
Morreu con 54 anos en Madrid tras unha operación quirúrxica, no momento culminante da súa carreira periodística.