(Viveiro,1881-A Coruña, 1936)
Este xornalista, escritor e político naceu no seo dunha familia monárquica e conervadora de Viveiro, pero el xa se converte en republicano de esquerdas cando estuda Farmacia en Santiago a fins do seculo XIX. Na vila de Foz, en 1904, presentou unha botica e formou tertulia literaria co poeta Antonio Noriega Varela e con Camilo Cela Fernandez, pai do escritor Camilo Xose Cela. En 1906 emigra a Madrid, onde fracasa como xornalista e, dous anos mais tarde, trasladase a Habana. Ali integrase nas sociedades galegas da emigración e traballa como redactor en varios xornais e revistas. Retornou a Galicia en 1910 e en 1912 ingresa na redacción do xornal La Voz de Galicia, onde non tardou en facer famosa a sua columna “Con letra del siete”.
En marzo de 1916, Villar Ponte publicou o folleto Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional, que motivou a fundación da Irmandade da Fala da Coruña o 18 de Maio de 1916 no local da Real Academia Galega. Foi tamen o primeiro director de A Nosa Terra, voceiro do movemento nacionalista das irmandades. En 1919 e un dos funadores da Organización Republicana Gallega Autonoma, ORGAN. Sae elixido nas Cortes Constituintes. En 1934 ingresa na Real Academia Galega e incorporase ao Partido Galeguista. Volveu sair elixido deputado das eleccions xerais de febrero de 1936 polo Partido Galeguista na coalición da Fronte Popular, mais xa non tomou posesión do seu escano, pois morreu o 4 de marzo.
Como creador literario, Vilar Ponte cultivou o teatro en galego, ainda que na cultura galega destaca como un dos mellores columnistas de preguerra. A Guerra Civil impediu que se lle erixise un monumento de Franciso Asorey nos xardins de Mendez Nuñez.