Lalín, 1908 - Vigo, 21 de julio de 1996
É unha das personalidades máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega no segundo terzo do século XX.
A vida de Laxeiro foi errante dende os seus inicios. Aos 13 anos emigrou a Cuba coa súa familia, onde permaneceu catro anos. Ao voltar a Lalín, exerceu de barbeiro de feiras e era coñecido coma o barbeiro-pintor. Despois de estudar dous anos en Madrid, onde coñeceu os intelectuais e artistas máis destacados do momento, regresou a súa terra. Pasou case vinte anos da súa vida en Bos Aires, onde contactou con intelectuais e artistas do exilio galego (Blanco Amor, Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Díaz Pardo) ata retornar definitivamente a España no ano 1970.
Durante a Guerra civil tivo que combater como soldado forzoso no “frente nacional” en Asturias. Alí coñeceu a Celso Emilio Ferreiro co que forxou unha grande amizade.
A súa obra manifesta un distanciamento do naturalismo rexionalista da época a través da fusión entre modernidade e tradición. Xunto con Luis Seoane, Manuel Colmeiro, Carlos Maside e outros, forma o grupo de “Os renovadores” dentro da vangarda artística galega.
Realizou numerosas exposicións e recibiu prestixiosos premios ao longo da súa carreira.