Sevilla, 1898- Madrid, 1984
Naceu a finais do século XIX en Sevilla. Pasou a súa infancia en Málaga e durante a súa adolescencia trasladouse a Madrid, onde realizou os estudos de Dereito e Comercio na Universidade Complutense, pero a partir do ano 1925 a súa precaria saúde (sofría de nefritis tuberculosa) mantívoo alonxado de toda actividade profesional.
Formou parte da Xeración do 27, unha serie de autores españois que se deron a coñecer en datas próximas ao 1927 con motivo da homenaxe a Luis de Góngora polo terceiro centenario da súa norte.
Ao longo da súa vida publicou diversas obras, entre as que destacan “Espadas como labios”, do 1932, “La destrucción o el amor” que o fixo gañador do Premio Nacional de Literatura no ano 1933, “En un vasto dominio” e “Poemas de la consumación”, sendo galardoado con ambas as dúas co Premio da Crítica nos anos 1963 e 1969. Entrou a formar parte da RAE a partir de 1949, ocupándose da letra “O”.
Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1977.
Aleixandre faleceu en Madrid no 1984.