Málaga, 1881 - Mougins, 1973

A etapa coruñesa de Picasso foi breve pero decisiva para a formación deste xenial artista. Chegou á cidade en setembro de 1891 cando os seus país e as súas dúas irmás. A tráxica norte da menor delas motivou o traslado da familia a Barcelona no verán de 1895, tras cinco anos intensos na cidade.

Realizou os estudos de secundaria no instituto Eusebio da Garda,onde tamén se matriculo una escola de Belas Artes,situada na pranta baixa deste edificio. Aquí o seu pai,José Ruíz Blasco,era profesor de Debuxo de Figura e Adorno. O neno Picasso comenzou a debuxar os modelos que atopaba nas rúas coruñesas,na praia de Riazor; os pescadores do porto, as paisaxes dos arredores da “Torre de Caramelo”, como él designaba á Torre de Hércules. Máis tarde,animado polo pai, realizou algún cadros ao óleo. En total pintou máis de 300 obras nesta cidade.

Na Coruña viviu episodios trascendentais: padeceu a morte da súa irmá Concha, iniciou a súa formación académica e expuxo por primeira vez dous dos seus cadros. Foi nunha tenda de mobles do número 20 da Rúa Real e, aínda que hoxe o baixo está baleiro, unha placa recorda esta efeméride.

A cidade lembra a estancia de Picasso con visitas guiadas á Casa-Museo Picasso

E diversas  mostras; no ano 2015 celebrouse a exposición “El primer Picasso” na fundación Barrié.