A Coruña, 1874 - Madrid, 1948

Nado no seo dunha familia de comerciantes catalans, Francisco Llorens estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid co pintor Carlos de Haes, que introduciu en España o paisaxismo realista. Obtivo unha pension en Roma e, cunha obra titulada La Encina, obtivo unha medalla de terceira clase na Exposición de Belas Artes de Madrid en 1906.

De regreso a España, aproveitou as vacacions de verán para visitar determinadas vilas e pintar a sua paisaxe: Combarro, Mondariz, Cambados, Betanzos, Pontedeume, Tui… A sua consagración á paisaxe contribuiu decisivamente á constitución dunha escola galega de pintura independente a fins da segunda década do seculo XX.

Francisco Llorens foi un dos organizadores da l Exposicion de Arte Galega na Coruña do 1917. A sua filla, Eva Llorens, reuniu a sua obra, que se pode contemplar na exposición permantente na Fundación Pedro Barrie de la Maza da Coruña.