La Coruña, 25 de abril de 1734 - Madrid, 22 de febrero de 1803
Xunto cos padres Feijóo e Sarmiento, José Andrés Cornide Saavedra y Folgueira vén sendo considerado un dos principais representantes da Ilustración en Galicia. Foi historiador, naturalista, economista, poeta e político (rexedor das cidades da Coruña e Santiago e en 1965, cursou estudos humanísticos e xa non rematou os de Dereito por interesarse pola investigación histórica. En 1765 paricipou na fundación na Coruña da Academia de Agricultura de Galicia e, en 1784, na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.
En 1789 trasládase a Madrid, onde entrou en contacto cos intelectuais máis destacados. Non tardou en ser nomeado membro da Real Academia de la Historia, da que foi secretario perpetuo un ano antes de morrer. No arquivo desta Academia consérvanse os numerosos ensaios que deixou inéditos. Este polígrafo coruñés tamén se interesou polo galego e escribiu un Catálogo de palabras gallegas , así como varias poesías líricas.
O Concello da Coruña dedicoulle unha placa na súa casa da rúa Damas e, bautizou co seu nome o Instituto de Estudios Coruñeses