Xoan Montes (Lugo, Galicia, 13 de abril de 1840- 24 de xuño de 1899)
Importante compositor musical, pianista, organista e director de coros, bandas e orfeóns.
Ingresou no seminario de Lugo os 10 anos e en 1863 rematou a carreira eclesiástica.
Dirixiu a Capilla da Catedral de Lugo, a Banda de Música de Lugo e o Orfeón Lucense.
Como compositor escribiu música especialmente música relixiosa. Entre as súas obras máis populares están Negra Sombra, da poetisa Rosalía de Castro e a Marcha Regional Gallega, sobre un poema de Pondal.
Xoan Montes desenvolveu ademáis unha intensa labor docente. Antes de abandoar o seminario, foille preciso procurarse alumnos aos que formar de maneira privada para gañar diñeiro co que axudar á economía familiar. Entre as persoas formadas por Montes na música, é necesario falar de Indalecio Varela Lenzano e as sobriñas do compositor, dúas recoñecidas pianistas.