Santiago de Compostela, 1856 - La Habana, 1917.

Castro Chané naceu o 18 de xaneiro de 1856 en Santiago de Compostela  e morreu o 27 de xaneiro de 1917 en La Habana.

O seu pai foi un recoñecido músico e concertista ferrolano que adquiriu nome por todo o Estado como concertista de guitarra, cítara e bandurria. El inculcoulle o seu amor pola música.

Castro Chané veu a Coruña para cumprir o servicio militar e colaborou na banda de música da sección de Artillería. Dende  entón vive na cidade. Adicouse á composición e o canto polifónico e estrenou a sua primeira composición en 1883: Unha broma pesada: música para un apropósito

Obtivo a Cátedra na Escola de Bellas Artes de A Coruña e sustituiu a Pascual Veiga na dirección do Orfeón El Eco. Con esta agrupación gañou moitos premios.

Despois de perder esta Cátedra, emigrou a Cuba, onde dirixiu o Orfeón Ecos de Galicia. Foi unha etapa moi creativa. Puxo música a composicións de Curros Enríquez como Unha noite na eira do trigo.

Curros Enríquez unificou os tres orfeons da Habana baixo a dirección de Castro Chané. Este acompañará a Curros cando está enfermo na Habana e morre.

En 1907 voltou a Coruña onde foi homenaxeado polos intelectuais galegos.

Finou na Habana e os seus restos mortais chegaron á Coruña para ser enterrados no cemiterio de San Amaro.