
Ferrol, 1820-1893
Naceu en Ferrol. O seu pai foi de ideoloxía liberal e morreu cando ela contaba con 9 anos. Estudou nun colexio para señoritas. Quería ser avogada e para entrar na universidade disfrazouse de home. Descubrírona, pero, tras un satisfactorio exame, foi autorizada a asistir a clase. Tamén vestida de home, loitou contra o establecido na época para as mulleres.
Concepción era unha escritora, activista e penalista que desenvolveu tarefas humanistas, feministas e promoveu o amor aos demais así como a caridade.
Publicou numerosas obras. Entre elas están:
- “Manual del visitador del preso”
- “Ensayo sobre derechos de gentes”
- “Cuadros de la guerra” de intención pacifista.