Coruña, 26 de novembro de 1867 

Coruña, 1 de febreiro de 1947

Deu clase na Escola de Belas Artes da Coruña, interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director dos orfeóns "El Eco" e "El Brigantino", das orquestras do "Liceo del Brigantino", da orquestra da sociedade "Bretón de los Herreros" e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira por España, Francia e Portugal.

Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941).

Unha das súas mellores óperas foi A Virxe do Cristal.