Naceu en Padrón (A Coruña) 11 de maio1916.
Faleceu o17 de xaneiro de 2002 Madrid.
Este escritor destacou como novelista, periodista, ensaista, editor de revistas literarias e foi membro da Real Academia Española durante 45 anos.
Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1989 pola “súa rica e intensa prosa”, o Premio Príncipe de Asturias en 1987 “pola elevada calidade literaria da súa abundante e universalmente coñecida obra” . Foi galardoado tamén co Premio Cervantes en 1995 e nomeado doutor honoris causa polas universidades de Santiago de Compostela, Complutense de Madrid, Siracusa, Tel Aviv, etc.
Iniciou varias carreiras universitarias que non rematou pero na Facultade de Filosofía recibiu clases do poeta Pedro Salinas o que despertou a súa vocación literaria. O repouso obrigado tras contraer a tuberculose, dedicouno a ler.
Na súa obra novelística destaca a experimentación coa linguaxe e as técnicas narrativas.
Algunhas das súas obras son:
- La familia de Pascual Duarte.
- La Colmena
- Mazurca para dos muertos