Vilanova de Arousa , 1866 – Santiago de Compostela , 1936
Destaca polas grandes innovacións que introduciu na literarura . O seu verdadeiro nome era Ramón José Simón Valle Peña.
Inicia a carreira de Dereito en Santiago de Compostela pero vaise a Madrid e entra en contacto co ambiente literario de cidade . Escribe artigos nos xornais e relatos .
Viaxa a México e logo volve a Madrid onde frecuenta os círculos literarios .
Publica con éxito as Sonatas e casa coa actriz Josefina Blanco.
Ó estourar a guerra europea, declárase partidario dos aliados. Foi nomeado profesor de Éstetica das Belas na Escola Especial de Pintura.
Durante a República desempeña dous postos : Conservador do Patrimonio Artístico Nacional e director da Academia Española de Belas Artes en Roma.
Destacou como novelista , poeta, autor dramático , ensayista, cuentista e periodista.
Satirizou amargamente a sociedade española da súa época.
Evoluciona dende o Modernismo ata o compromiso e a denuncia dos males do país a través do esperpento ou deformación de personaxes e ambientes .
Pasará os seus derradeiros meses da súa existencia nun sanatorio de Compostela.
Nas súas obras reflexou a paisaxe de Galicia , a cultura aldeá e as estruturas agrarias.
Algunhas das súas obras son :
- “Sonatas”
- “Luces de bohemia”
- “Divinas palabras”
- “Comedias bárbaras”
- “Martes de Carnaval”