A Coruña, 1885- Madrid, 1964
Naceu nunha casa da rúa de Torreiro na Coruña. Aínda que quixo ser médico, a morte de seu pai levouno a traballar como periodista.
Colaborou en xornais coruñeses e no Seminario La Defensa de Betanzos no que manifestou o seu rexeitamento do capitalismo.
Traballou tamén en Madrid no El Imparcial e ABC. Reuniu as súas crónicas parlamentarias nun volume.
Cando pasa os seus veráns en Cecebre, impresiónao a paisaxe. Así, na súa obra “El bosque animado” a acción transcorre na fraga de Cecebre.
Foi moi crítico cos políticos da súa época.
Fuxiu de España a Holanda en 1937, despois de iniciarse a Guerra civil.
Nas súas obras literarias é característico o humor e unha sensibilidade especial cara a paisaxe galaico.
A mensaxe das súas obras é que o mundo cambia pero esquece os valores espirituais.
Obras súas son:
- “El secreto de Barba Azul”
- “Las siete columnas”
- “Relato inmoral”