Bos Aires, 1910 - A Coruña, 1979

Foi un importante artista plástico galego (pintor, debuxante, gravador, ilustrador) e tamén escritor (poeta, xornalista) que estudou Dereito na Universidade de Santiago, onde militou na organización estudiantil republicana Federación Universitaria Escolar (FUE)

Trasladouse á Coruña en 1934 e traballou como avogado laboralista ata xullo de 1936. Viaxou á Coruña en 1960 e asentouse na cidade en 1967.

Luís Seoane é considerado unha das grandes figuras do exilio galego no ámbito da arte e da literatura galegas. Na capital arxentina dirixiu revistas (Galicia, Correo Literario, Galicia Emigrante) e coleccións de libros galegos, desenvoleu a súa poesía de orientación crítica e social (Fardel de eisilado, Na brétema, Sant-lago, A maior abundamento…) e , sobre todo, unha vasta obra pictóricas, centrada en Galicia, que se encargou de divulgar en exposicións en varias ciudades de América e Europa.

No ano 1965, colaborou co tamén artista Isaac Díaz Pardo na creación do complexo Sargadelos 

Na Coruña dedicóuselle unha praza cun monumento e o Museo Luís Seoane.