5 de octubre de 1927 - 27 de septiembre de 1965
É fillo do escritor Ramón Villar Ponte, quen fundou co seu irmán, Antón, a primeira Irmandade da Fala, o 18 de maio de 1916.
Foi un importante retratista, especialmente de nenos, e ilustrador de obras literarias.
Realizou exposicións na Coruña, Lugo, Barcelona e Braga.
En 1960 foi votado polos cidadáns como o coruñés mais popular do ano.
En 1963 foi galardoado coa Primeira Medalla de Pintura nos Xogos Florais de Betanzos. A súa morte tan prematura causou unha forte conmoción nos ambientes culturais da Coruña.