Escritores, pintores e músicos nas rúas da Coruña

As rúas e avenidas da cidade da Coruña levan o nome de relevantes persoeiros das letras, a música e a pintura, entre outras disciplinas.

Achegarnos á biografía e obra destas figuras axúdanos a comprender mellor a nosa cultura e o inmenso legado que herdamos deles, do que podemos aprender e no que acadar inspiración para as nosas vidas.

Recollemos unha representación destes referentes das artes e das letras e indagamos no seu percorrido vital e produción, como unha parte indispensable da formación do alumnado do noso centro ao que debemos este traballo dirixido polo equipo da Biblioteca do IES Monelos.

A nosa Biblioteca explora así as rúas da arte