Galo Salinas Rodríguez naceu en A Coruña en 1852 e morreu no ano 1926 na mesma cidade.

Este escritor da xeración de 1868 foi xornalista e dramaturgo. Cuns doce anos emigrou a Uruguai e retornou a Galicia en 1876, dedicándose ao periodismo na Coruña. Nesta cidade dirixiu una das publicacións máis importantes da prensa rexionalista,  Revista Gallega (1895-1907), na que colaboraron outros contertulios da Cova Céltica, faladoiro presidido por Manuel Murguía na libraría de Euxenio Carré na rúa Real.

Galo Salinas impulsou o teatro en galego. En 1890 gaña un concurso literario co drama histórico A torre de peito Burdelo (1891) e en 1896 publica una Memoria acerca de la dramática gallega. Logrou outro premio co drama de costumes galegos ¡Filla…! (1892). Outras pezas de Salinas víronse representadas, pero non foron impresas e outras non pasaron da condición de inéditas.