
Oseiro,1833-A Coruña,1923
Manuel Antonio Martínez Murguía naceu o 17 de maio de 1833 na aldea arteixá de Froxel, pois a nai acudirá ao Santuario de Pastoriza para cumprir unha promesa. Formouse cos compañeiros da Xeración do 56 en Santiago, onde o seu pai tiña unha botica. Con 17 anos xa publica a súa primeira novela, Desde el cielo. Trasladouse a Madrid, onde non dá rematado a carreira de Farmacia, pero convértese en historiador. Manuel Murguía foi o principal ideólogo do rexionalismo historiador de Galicia no século XIX. En 1888, na capital, Murguía contrae matrimonio con Rosalía de Castro, a quen sempre animara na elaboración da súa obra literaria.
Traballou como arquiveiro en Simancas e no Arquivo do Reino de Galicia na Coruña, como bibliotecario da USC e no Arquivo da Delegación de Facenda na Coruña .
Murguía presidiu a tertulia rexionalista da Cova céltica, na trastenda da librería que Euxenio Carré Aldao tiña na rúa Real da Coruña. Foi tamén o fundador e o primeiro presidente da Real Academia Galega en 1906. Co gallo do seu 80º aniversario, recibiu unha gran homenaxe no Circo de Artesanos da Coruña.