c. 1225 – 1295

Este nobre galego, primeiro señor de Rianxo, naceu contra 1225, probablemente na cidade de Pontevedra. Adquiriu protagonismo como mariño e dirixiu a frota que conquistou a cidade de Sevilla en 1248. Foi nomeado almirante en 1284 e 1294 desempeñou o cargo de Adiantado  Maior do Reino de Galicia. Morreu en 1295 preto de Ciudad Rodrigo, asasinado por Rui Pérez Tenoiro, e está enterrado na igrexa de San Francisco de Pontevedra.

Gómez Chariño foi tamén un importante trovador da lirica medieval galega. Del consérvanse 28 cantigas de amor, de amigo e de ensaio. A orixinalidade das súas composicións reside na temática mariñeira.

Un dos descendentes de Paio Gómez Chariño foi o tamén poeta Evaristo Martelo Paumán (1853 – 1928), membro da Cova Céltica da Coruña e fundador da Real Academia Galega.