Celanova, Ourense 15 de setembro de 1851
La Habana, 7 de marzo de 1908
Este poeta e escritor da xeración de 1868 é a terceira grande figura do Rexurdimento e representa na lírica galega a estética do realismo do século XIX. Encarna cabalmente o intelectual progresista decimonónico: republicano, demócrata, anticlerical, galeguista…
Con 15 anos abandonou Celanova e trasladouse a Madrid, onde xa vivía un irmán. Aí cursa o bacharelato e inicia os estudos de Dereito, que non remata ao converterse en xornalista profesional no Sexenio Democrático, colaborando en diversas publicacións periódicas republicanas.
Como poeta en galego iniciouse en Madrid en 1869 coa célebre “Cántiga”, que se convertería nun texto popular en Galicia. En 1877 gaña o concurso literario que o seu amigo e mecenas Modesto Fernández y González convocou en Ourense. As tres composicións gañadoras integraranse no seu primeiro volumen en galego, Aires da miña terra (1880)
Por este libro Curros será procesado e condenado polo Xulgado de Primeira Instancia de Ourense, pero será absolto na Audiencia Territorial da Coruña grazas ao avogado de Celanova Luciano Puga Blanco, pai do famoso gastrónomo Picadillo